A escritora observadora incansable do mundo, Alejandra Praza, é oriúnda de Cabana de Bergantiños, un pequeno e acolledor recuncho bañado polas frías augas do Atlántico galego situado en “A Costa da Morte”. Sensible e práctica, destra coa palabra e a visión, esta emprendedora e forxadora de oportunidades galega-suíza-alemá, válese da cohesión como estratexia e da diplomacia como talento. No seu sentido de país reside a súa riqueza profesional e persoal e, na prosperidade e benestar das súas xentes está o seu obxectivo.
Viaxeira incansable e mariscadora de recordos e historias da emigración española desde o ano 1997 pretende plasmar neste libro parte da experiencia vivida en primeira persoa e compartida con tantos emigrantes a través dos anos e demostrar que… SE FOSE FÁCIL, FARÍAO OUTRO. (Editorial Círculo Rojo)
Se fose fácil, faríao é froito dun relatorio sobre a emigración española do século XXI presentada no Instituto Cervantes de Frankfurt, Alemaña, ante 300 persoas e do estudo e as vivencias que 22 anos de implicación activa na diáspora dan para compartir e mostrar. O relatorio “unha nova forma de emigrar”, foi levada ás escolas e universidades alemás e máis tarde ás universidades de Xapón e Zamora.
Tras o interese suscitado e a necesidade de transmitir o labor calado e abnegada de miles de emigrantes que nos foron abrindo as portas de Europa e do mundo co esforzo, a capacidade de sacrificio e a entrega ao traballo, nace este libro. A emigración é tan ampla como emigrantes dispersos polo mundo. Por iso, é moi difícil recoller cada unha destas historias. Este traballo achegaravos á diáspora máis actual, coñeceredes os diferentes perfís do emigrante, asombrarédesvos coas diferenzas entre a diáspora moderna e a dos anos 60-70, coñeceredes de primeira man historias persoais incluída a da autora, as estatísticas, a importancia do asociacionismo no exterior, o proceso de integración, as consecuencias de vivir entre dous mundos ou do retorno, como se viven un nadal fóra de casa, como crecen os pobos no verán, a importancia de aprender o idioma do país receptor, un punto de vista diferente a pé de rúa ou o sentimento tan arraigado ao emigrante como a soidade.
En fin, un resumo de por que SE FOSE FÁCIL, FARÍAO OUTRO.