A Embaixada nace dun punto e aparte nunha conversa cibernética entre distintas xeracións coa idea de aglutinar , de algún xeito, as inquedanzas e necesidades socio-culturais do/as galego/as na diáspora, esa quinta provincia que é , nun principio Europa … Máis tamén o resto do mundo… Pero sempre sen deixar de lado o país e as súas xentes. A embaixada pretende facilitar e incluso orientar, ós novos emigrantes, na súa estadía fóra da nación galega.
Algúns dos fins primordiais son:
- promover o coñecemento de Galicia e a súa cultura internacionalmente.
- fomentar o uso do galego coma lingua habitual entre a comunidade galega no exterior. Facer actividades orientadas ao público, para reforzar o aprendizaxe/contacto coa lingua.
- crear unha comunidade virtual que sexa a referencia para a nova emigración e punto de encontro entre as distintas xeracións de emigrantes.
- dar cobertura ás actividades organizadas directa ou indirectamente pola embaixada ou por terceiros sempre e cando se axusten aos fins.
- ofrecer información de interese para as persoas recén chegadas.
- promover e establecer nexos de unión entre todos os membros independentemente da situación xeográfica.
- coordinar e canalizar as relacións con tódolos organismos estatales e autonómicos, tanto públicos como privados, especialmente coa Xunta de Galicia e a Unión Europea.
- organizar conferencias e charlas sobre temas de ámbito empresarial e asesoramento tanto civil como laboral.
- apoiar toda iniciativa en favor da creación de Embaixadas.gal cuxas finalidades se complementen co espirítu desta Asociación.
- velar pola realización de actos que propoñan a exaltación dos valores culturais, éticos, espirituais e materiais dos fins propios.
- salvagardar os intereses de todos e cada un dos compoñentes, colaborando colectivamente na resolución dos problemas que poidan plantearse
- manter un contacto cordial e de colaboración con tódalas embaixada.gal do mundo, así como, coas demáis Sociedades Galegas existentes.
- queda excluído expresamente dos fins da Asociación calquera actividade política, sindical o relixiosa.