Desafían ao mar en cada xornada. Os percebeiros sondan a costa galega en busca do marisco que pon nome á súa profesión, o percebe, un cobizado crustáceo que se extrae das rocas. Coa man na roca e sen perder nin un segundo o mar de vista, os percebeiros xóganse a vida para capturar un puñado de percebes. Deben sortear as arremetidas das ondas por facerse cun botín, máis escaso que arriscado, pero de gran valor.
A valentía demostrada por estes profesionais esperta a curiosidade dos que descobren esta singular práctica.
Fotos: Paula Pájaro (membro de embaixada.gal)